Posto: Técnico/a superior analista

Referencia: INT-23-TSANA

Resumo:

Esta é unha praza para un/a técnico/a superior analista da área e-learning para cubrir temporalmente o posto durante o proceso de selección ata a súa cobertura definitiva.

A súa función principal será a de desenvolver as tarefas de soporte técnico e investigación no ámbito da tecnoloxía educativa para o departamento de e-learning. Para iso idealmente búscase unha persoa con dobre capacitación, tanto en tecnoloxía, xestión e mantemento de sistemas informáticos, deseño e desenvolvemento de solucións tecnolóxicas, así como unha formación de ámbito educativo para comprender as características do contexto formativo no uso das TIC.

Ofrécese un contrato temporal de substitución, para cubrir temporalmente o posto durante o proceso de selección. Estarás integrado/a nun pequeno equipo multidisciplinar e motivador, cunha gran experiencia na área de tecnoloxía educativa, onde valoramos especialmente a iniciativa, capacidade de traballo en equipo e procura de solucións creativas.

O CESGA é unha fundación pública pioneira a nivel nacional na área de computación de altas prestacións aplicada a diferentes áreas do coñecemento. O centro ten unhas condicións laborais atractivas, comprometido coa promoción da igualdade entre xéneros, conta cun réxime de teletraballo voluntario de ata un 60% do tempo e permite flexibilizar a xornada de acordo coas túas necesidades.

Requisitos mínimos do/a candidato/a:

  • Ter unha titulación de nivel 3 segundo o Marco Español de cualificacións para a Educación Superior recollido non Real Decreto 1027/2011 do 15 de xuño ou titulacións equivalentes pre-Bolonia.
  • Demostrar coñecemento de inglés Medio (B1).
  • Coñecemento de galego.

Tamén se valorarán (pero non son obrigatorios) outros requisitos adicionais, descritos no Anexo B do documento BASES.

Documentación do proceso:

11/03/2024: Resultado do proceso de selección
06/03/2024: Puntuación final
04/03/2024: Valoración definitiva de méritos
28/02/2024: Valoración provisional de méritos
22/02/2024: Lista definitiva de admitidos e excluidos
16/02/2024: Lista provisional de admitidos e excluidos


Publicado: 05/02/2024

Anuncio DOG, 5 de febreiro 2024
Bases da convocatoria
Modelo de solicitude
Modelo de datos persoais
Modelo de méritos
Modelo de declaración responsable de méritos

Se tes calquera pregunta ou dúbida, por favor consúltanos en emprego@cesga.gal

A Fundación CESGA comprométese, no establecemento e desenvolvemento de políticas que integren a igualdade de trato e oportunidades entre mulleres e homes, sen discriminar directa ou indirectamente por razón de sexo, así como no impulso e fomento de medidas para conseguir a igualdade real no seo da nosa organización, establecendo a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes como un principio estratéxico da nosa Política Corporativa e de Recursos Humanos, de acordo coa definición do devandito principio que establece o Decreto Lexislativo 2/2015, de 12 de febreiro, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de igualdade e o VIII Plan Estratéxico de Galicia para a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes 2022-2027.