INVESTIGADOR/A SÉNIOR EXPERIMENTAL EN TECNOLOXÍAS DE COMPUTACIÓN CUÁNTICA

Referencias: PERTE47-25-TSP-INVSEN-TEC-1

Resumo:

Buscamos un/a Investigador/a sénior experimental en tecnoloxías de computación cuántica que, entre outras funcións (descritas nas bases), se encargue da realización de tarefas de procura, análise e síntese de información científica e técnica, así como o desenvolvemento experimental no marco dos proxectos de investigación en computación cuántica promovidos en colaboración coa Universidade de Vigo

Terá como actividade principal o deseño, execución e validación de experimentos orientados á construción dunha rede neuronal óptica cuántica para a optimización combinatoria, así como a dotación, mantemento e posta en funcionamento dun laboratorio experimental especializado. Inclúese tamén a produción de resultados científicos susceptibles de publicación, a súa presentación en foros internacionais e a coordinación de accións de difusión e transferencia de coñecemento

As persoas contratadas traballarán nun equipo multidisciplinar e motivador, cunha gran experiencia na área das tecnoloxías da información, onde valoramos especialmente a iniciativa, capacidade de traballo en equipo e procura de solucións creativas.

Requisitos dos/as aspirantes/as:

  • Titulación: Título universitario de Grao e Máster en Física
  • Experiencia: Non se require
  • Linguas: Dominio do inglés para a comunicación escrita e oral

Duración do contrato e xornada:

  • Dende a sinatura ata a finalización do proxecto PERTE47 (establecida inicialmente para o 30 de xuño de 2026).
  • Xornada laboral a tempo completo

Salario:

  • 32.334,54€ euros brutos anuales en 14 pagas.
  • No caso de que a praza sexa obtida por unha persoa residente no estranxeiro establecerase unha compensación durante o primeiro ano de contrato para sufragar os gastos de establecemento, sen que en ningún caso poida superarse unha retribución bruta anual máxima de 40.000 €.

Documentación imprescindible a presentar:

  • Modelo de solicitude (Anexo I)
  • Currículum Vitae, que permita comprobar os requisitos e méritos indicados no cadro da convocatoria

Publicado o 11/07/2025:

Se tes calquera pregunta ou dúbida, por favor consúltanos en emprego@cesga.gal