INVESTIGADOR/A EXPERIMENTAL EN TECNOLOXÍAS DE COMPUTACIÓN CUÁNTICA

Referencias: PERTE47-25-TSP- TCC-EXP1 e PERTE47-25-TSP- TCC-EXP2

Resumo:

Buscamos un/a Investigador/a experimental en tecnoloxías de computación cuántica que, entre outras funcións (descritas nas bases), se encargue da realización de tarefas de investigación, experimentación e difusión científica no marco dun proxecto centrado na construción dunha rede neuronal óptica cuántica para a optimización combinatoria.

Terán como actividade principal a realización de procuras bibliográficas e análise de publicacións científicas e patentes, a execución de traballo experimental, a produción de resultados científicos e a súa difusión mediante publicacións, congresos internacionais, workshops e seminarios, así como a supervisión de estudantes de Máster.

As persoas contratadas traballarán nun equipo multidisciplinar e motivador, cunha gran experiencia na área das tecnoloxías da información, onde valoramos especialmente a iniciativa, capacidade de traballo en equipo e procura de solucións creativas.

Requisitos dos/as aspirantes/as:

  • Titulación: Título universitario de Grao e Máster en Física
  • Experiencia: Non se require
  • Linguas: Dominio do inglés para a comunicación escrita e oral

Duración do contrato e xornada:

  • Dende a sinatura ata a finalización do proxecto PERTE47 (establecida inicialmente para o 30 de xuño de 2026).
  • Xornada laboral a tempo completo

Salario:

  • 32.334,54€ euros brutos anuales en 14 pagas.

Documentación imprescindible a presentar:

  • Modelo de solicitude (Anexo I)
  • Currículum Vitae, que permita comprobar os requisitos e méritos indicados no cadro da convocatoria

Publicado o 11/07/2025:

Se tes calquera pregunta ou dúbida, por favor consúltanos en emprego@cesga.gal