Project Description

DIVERSIMAR – Rede de observación da biodiversidad mariña e pesqueira de Galicia e Cantábrico

Período: 2019-12-19 – 2021-12-31

Financiado por: Fundación Biodiversidad, Ministerio para la Transición Ecológica e el Reto Demográfico

O obxectivo principal deste proxecto coordinado polo IEO-Vigo é obter unha ferramenta para a información e seguimento da biodiversidade mariña da área. Esta ferramenta está baseada nun sistema de información que recompila a información existente e sirva como fonte de datos para rexistrar os cambios que se están producindo nos mares, así como permitir o acceso e colaboración dos usuarios do mar, utilizando a “Ciencia cidadá”. Esta ferramenta web integrará información sobre a distribución, bioloxía e ecoloxía dun número relevante de especies, e concíbese cun proxecto a longo prazo cunha gran potencialidade de desenvolvemento dado o extenso campo da biodiversidade mariña. A importancia deste proxecto radica na necesidade actual de ter información accesible, estandarizada e revisada da distribución das especies que axude aos usuarios do mar e aos xestores para desenvolver plans de control e estratexias de conservación.

Máis información:

https://diversimar.cesga.es/