O CESGA (situado en Santiago de Compostela) é unha fundación pública pioneira a nivel nacional e europeo na área de computación de altas prestacións. Unirse ao noso equipo do CESGA ofrecerache posibilidades de traballar con tecnoloxías punteiras, nunha contorna agradable e estimulante, integrado nun equipo humano acolledor e altamente cualificado.
O noso centro ten unhas condicións laborais atractivas, está comprometido coa promoción da igualdade entre xéneros, permite teletraballar ata o 60% da xornada, e permite flexibilidade de horarios. Esta é a lista de prazas dispoñibles neste momento. Pulsa na praza do teu interese para saber todos os detalles.
Ofertas anteriores: Nesta páxina só estará dispoñible o histórico das prazas anteriores do CESGA.
Novas ofertas: A partir de agora, as novas vacantes publicaranse exclusivamente en https://emprego.cesga.es/.