Posto: Técnico/a coordinador de proxecto “Quantum Enia”

Referencia: QUANTUMSPAIN-24-TCP1

Resumo:

O proxecto QUANTUM ENIA é financiado pola SECRETARIA DE ESTADO DE DIXITALIZACIÓN E INTELIXENCIA ARTIFICIAL no marco da AXENDA ESPAÑA DIXITAL 2025 e do PLAN DE RECUPERACIÓN, TRANSFORMACIÓN E RESILIENCIA por mor do Real Decreto 936/2021, de 26 outubro, polo que se regula a concesión directa dunha subvención a varios centros da REDE ESPAÑOLA DE SUPERCOMPUTACIÓN (RES).

O traballo estará enfocado ao despregamento da Computación Cuántica en España, dando soporte aos usuarios da RES que desexan desenvolver novas funcionalidades e aplicacións neste campo. Esta praza está orientada á coordinación, baixo a supervisión e dirección do responsable do proxecto no CESGA, dun equipo de traballo para despregar, mellorar e no seu caso, desenvolver unha contorna que permita emular un sistema de computación cuántico distribuído. Esta praza está orientada a unha persoa con coñecementos en computación cuántica e/o computación de altas prestacións, que debería ter un forte coñecemento en técnicas de paralelización, preferiblemente doutor con experiencia previa nalgún dos dous campos anteriores.

O traballo farase en coordinación con outros centros da Rede Española de Supercomputación, para crear unha comunidade única de soporte sobre computación cuántica.

O consorcio para a execución do proxecto Quantum ENIA (tamén coñecido como Quantum Spain), está a entrar nunha fase diferente de integración de infraestruturas e de maior actividade de soporte e desenvolvemento debido ao despregamento do computador cuántico do proxecto no BSC, á selección da linguaxe de programación Qibo, á demanda de simuladores de computación cuántica paralela e ao despregamento do computador cuántico do CESGA que podería estar integrado na infraestrutura da Rede Española de Supercomputación (RES). Ademais, poderás colaborar no desenvolvemento da plataforma e contidos da iniciativa TalentQ (https://www.talentq.es/), lanzada por este proxecto.

Traballarás integrado/a nun equipo multidisciplinar e motivador, cunha gran experiencia na área das tecnoloxías da información, onde valoramos especialmente a iniciativa, capacidade de traballo en equipo e procura de solucións creativas. O equipo de investigación de computación cuántica do CESGA onde che integrarás está composto por 7 persoas dedicadas a tempo completo, con previsións de crecemento a curto prazo para reforzar o equipo de traballo que coordinarás. Terás acceso directo á infraestrutura de computación do CESGA (Finisterrae III, contorna Cloud, plataforma de Big Data) e de computación cuántica. Esta está composta por un computador cuántico de 32 cúbits, unha agrupación industrial de HPC dedicado ao desenvolvemento de solucións cuánticas e cuántico inspiradas, e un emulador baseado en mpiQULACS.

Ofrécese un contrato temporal a tempo completo durante aproximadamente 21 meses.

Salario: 33.579,56 euros brutos anuais.


Documentación do proceso:

Publicado: 23/04/2024
Anuncio DOG, 23 de abril 2024
Bases de la convocatoria (.pdf)

Modelo de solicitude (.docx)
Modelo de datos persoais (.docx)
Modelo de méritos (.docx)
Modelo de declaración responsable de méritos (.docx)
Modelo de proposta de investigación (.docx)

Modelo de solicitude (.odt)
Modelo de datos persoais (.odt)
Modelo de méritos (.odt)
Modelo de declaración responsable de méritos (.odt)
Modelo de proposta de investigación (.odt)

Se tes calquer pregunta ou dúbida, por favor consúltanos en emprego@cesga.gal

A Fundación CESGA comprométese, no establecemento e desenvolvemento de políticas que integren a igualdade de trato e oportunidades entre mulleres e homes, sen discriminar directa ou indirectamente por razón de sexo, así como no impulso e fomento de medidas para conseguir a igualdade real no seo da nosa organización, establecendo a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes como un principio estratéxico da nosa Política Corporativa e de Recursos Humanos, de acordo coa definición do devandito principio que establece o Decreto Lexislativo 2/2015, de 12 de febreiro, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de igualdade e o VIII Plan Estratéxico de Galicia para a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes 2022-2027.