Project Description

GEOCAP – Integración de bases de datos de capturas totais unha infraestructura espacial para a xestión sostible da pesca.

Período: 2020-12-29 – 2021-12-29

Financiado por: Ministerio para la transición ecológica y el reto demográfico.

Obxectivos:

  • Desenvolvemento dun sistema de importación/exportación dos datos pesqueiros introducidos polo patrón no Diario Electrónico de Abordo, nas frotas da Organizacións de Produtores Pesqueiros colaboradoras. Os datos recolleranse en tempo real e alimentarán a un Geoportal, xa desenvolto polo Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA) xunto a IIM-CSIC e IEO co fin de xestionar de forma eficaz e ben estruturada a integración de datos de capturas totais dos buques ao sistema central de almacenamento, para que sexan procesados no núcleo da rede de xestión e xerar así ferramentas preditivas para unha xestión máis sostible da actividade pesqueira por parte das asociacións de produtores/pescadores.
  • Xeración dunha Infraestrutura de Datos Espaciais (IDE) con alta capacidade preditiva (grazas ás novas fontes de datos) para unha xestión máis sostible da actividade pesqueira por parte das asociacións de produtores/pescadores.
  • Probar a eficiencia das ferramentas propostas a bordo de barcos pesqueiros das OPPS colaboradoras.
  • Preténdese validar estas ferramentas para que os armadores coñezan en tempo real en que zonas están a aparecer maiores volumes de especies por baixo de talla/xuvenís ou especies para as cales non dispoñan de cota, converténdose en especies de estrangulamento.
  • Diseminar os resultados dos novos sistemas de integración de datos pesqueiros reais no marco dunha Infraestrutura de Datos Espaciais (IDE) para a xestión sostible da actividade.
  • Correcta implementación técnica e administrativa do proxecto de acordo cos obxectivos perseguidos e as bases da convocatoria PLEAMAR 2020.

Descrición:

Tras LIFE iSEAS e SICAPTOR, o feedback recibido desde as administracións nacionais e europeas é que o obxectivo, a medio prazo, é o de que os sistemas REM sexan unha fonte fiable, robusta e estendida para a obtención de datos de capturas totais e, mesmo, que puidesen usarse para transmitir esa información ás autoridades competentes. Ademais, desde o punto de vista científico/biolóxico, permitiría unha avaliación en tempo real do estado do medio e os recursos mariños.

Mentres as tecnoloxías séguense desenvolvendo ata lograr este obxectivo, en GEOCAP propoñemos un novo sistema de captura de datos para introducir no geoportal no moi curto prazo. E é que no canto de capturar os datos a través dos sistemas REM como o iObserver, pretendemos implantar un sistema que permita recoller os datos introducidos no Diario electrónico de a bordo (DEA), o cal realizaremos a través da web Visor de Mareas da SEGEPESCA, para posteriormente importalos no geoportal.