Posto: Técnico/a coodinador/a de investigación

Referencia: FNS-24-TCINV1

CESGA busca unha persoa con ampla experiencia na aplicación das técnicas de Intelixencia Artificial no sector industrial para modelización e control de procesos. Buscamos un titulado superior, preferiblemente doutor, nas áreas relacionadas coas Ciencias e a Enxeñería, onde terá que coordinar equipos de traballo multidisciplinares e multiorganización. Deberá poder modelizar os procesos físicos de fabricación tanto desde o punto de vista da Física como utilizando técnicas de Deep Learning a partir de series temporais multivariantes. Integrarase no programa de investigación de Intelixencia Artificial e Ciencia de Datos.

Requisitos mínimos dos candidatos:

  • Algunha das seguintes titulacións: Nivel 3 (Grao + Máster) segundo o Marco Español de Cualificacións para a Educación Superior contido no Real Decreto 1027/2011, de 15 de xullo. Deben estar en posesión de títulos oficiais, ou equivalentes, e de máster universitario, ou equivalente, superando, polo menos, 300 créditos ECTS na combinación destes dous ensinos (ver as condicións específicas nas bases).
  • Certificación de nivel de inglés equivalente a B1.
  • Coñecemento de galego.

Tamén se valorarán (pero non é obrigatorio) outros requisitos adicionais, descritos no Anexo B do documento BASES. Para valorar os méritos debe achegarse os documentos xustificativos tal e como se solicitan nas bases.

Salario: 33.579,56 euros brutos anuais.


Documentación do proceso:

Publicado: 23/04/2024
Anuncio DOG, 23 de abril de 2024
Bases da convocatoria (.pdf)

Modelo de solicitude (.docx)
Modelo de datos persoais (.docx)
Modelo de méritos (.docx)
Modelo de declaración responsable de méritos (.docx)
Modelo de proposta de investigación (.docx)

Modelo de solicitude (.odt)
Modelo de datos persoais (.odt)
Modelo de méritos (.odt)
Modelo de declaración responsable de méritos (.odt)
Modelo de proposta de investigación (.odt)

Se tes calquera pregunta ou dúbida, por favor consúltanos en emprego@cesga.gal

A Fundación CESGA comprométese, no establecemento e desenvolvemento de políticas que integren a igualdade de trato e oportunidades entre mulleres e homes, sen discriminar directa ou indirectamente por razón de sexo, así como no impulso e fomento de medidas para conseguir a igualdade real no seo da nosa organización, establecendo a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes como un principio estratéxico da nosa Política Corporativa e de Recursos Humanos, de acordo coa definición do devandito principio que establece o Decreto Lexislativo 2/2015, de 12 de febreiro, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de igualdade e o VIII Plan Estratéxico de Galicia para a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes 2022-2027.