Project Description

CloudERT – Cloud Experiments for Radiation Therapy

Periodo:2011-09-01 – 2012-06-30 (12 meses).

Entidad financiadora: Comisión Europea

http://www.venus-c.eu

VENUS-C (Virtual Multidisciplinary EnviroNments USing Cloud Infrastructures) é un proxecto financiado polo 7º Programa Cadro da Comisión Europea que toma a súa forza da cooperación conxunta entre os provedores de servizos de computación e  as comunidades de usuarios científicos para desenvolver, probar e despregar unha gran infraestrutura de computación Cloud para a ciencia e as Pemes Europeas.

VENUS-C ten como obxectivo desenvolver, probar e implantar unha  infraestrutura Cloud de calidade, flexible e altamente escalable, e animar aos investigadores mediante a implementación sinxela de servizos de usuario. A plataforma VENUS-C baséase en Windows Azure, con recursos do Instituto Real de Tecnoloxía (KTH, Suecia) e o Barcelona Supercomputing Center (BSC, España), os centros de datos Europeos de Microsoft e o centro de datos do Grupo Enxeñaría. Azure ofrece unha solución multicapa, incluíndo computación e capacidade de almacenamento, unha contorna de desenvolvemento e servizos inmediato, xunto cunha ampla gama de servizos que se poden utilizar, xa sexa localmente como a través de Internet. Desde o punto de vista do código aberto, utilízanse EMOTIVE e OpenNebula.

VENUS-C está cofinanciado por GÉANT e a unidade de e-Infraestrutura , DG Ijnformation Society and Media da Comisión Europea, como unha do seis infraestruturas europeas de computación distribuída (DCIs). VENUS-C comprométese a traballar en sinerxía con estas iniciativas, compartindo experiencias nas infraestruturas Grid e a computación Cloud para así rendibilizar os investimentos da UE. VENUS-C reúne a 14 socios europeos:

– Engineering Ingegneria Informatica SPA (ENG)
– Barcelona*Supercomputing Centre (BSC-CNS)
– Centre for *Computational and Systems Biology
– Collaboratorio
– Microsoft Innovation Center – Greece
– Microsoft Research
– National Research Council of Italy (Consorzio Nazionale delle Ricerche – CNR-ISTI)
– Royal Institute of Technology (Kungliga Tekniska Hoegskolan, KTH)
– Technion
– The European Chapter of the Open Grid Forum (OGF.eeig)
– The European Microsoft Innovation Center (EMIC)
– Universidad Politécnica de Valencia
– University of Newcastle
– University of the Aegean

7 escenarios

Para probar a infraestrutura despregada, seleccionáronse 7 escenarios de aplicación. Estes escenarios foron achegados por socios do proxecto provenientes da investigación, a universidade  e Pemes que han desenvolvendo as súas aplicacións para VENUS-C. Estes escenarios abarcan campos tan diversos como a bioinformática, a bioloxía, o descubrimento de fármacos, a enxeñaría civil, protección civil e emerxencias, e a biodiversidade mariña.

15 pilotos

Ademais, a través dunha convocatoria pública, VENUS-C proporcionou fondos a 15 novos pilotos para validar o despregamento da súa infraestrutura Cloud. Os pilotos abarcan diferentes aplicacións no campo da arquitectura, bioloxía, bioinformática, química, ciencias da terra, saúde, vixilancia marítima, matemáticas, física e os medios de comunicación social.

CloudERT

O Cesga presentou a súa plataforma eIMRT e foi elixido como un deses pilotos, baixo o nome CloudERT . eIMRT consta dun conxunto de ferramentas remotas para axudar aos radiofísicos na definición de plans de tratamento e a súa verificación utilizando simulacións Monte Carlo.

As tecnoloxías Cloud proporcionan a gran demanda computacional requirida por este tipo de simulacións, a través da invocación de varias máquinas virtuais traballando como un cluster onde se executan as tarefas. Ademais, permitirán reducir o investimento inicial, onde a infraestrutura local pode soportar a carga de traballo media e os picos de traballo inesperados pódense derivar a provedores Cloud externos. Isto é beneficioso en termos de flexibilidade, xa que os contratos poden establecerse en modo “pago por uso” dependendo das necesidades do hospital. Ademais tamén permiten a execución de algoritmos cun maior grao de precisión, o que leva a mellorar a calidade e a efectividade dos plans de tratamento en radioterapia.

A plataforma eIMRT foi analizada como SaaS (Software as a Service), podendo escalar a miles de usuarios e peticións de servizo cada día. Ademais, transferir a computación ao Cloud permite ter un cluster individual para cada petición, evitando a intrusión entre eles.

Finalmente, a plataforma eIMRT foi probada no Cloud utilizando clusters virtuais baixo Linux, pero o software tamén está dispoñible en Windows, co que tamén se executou na infraestrutura Azure proporcionada por Microsoft.