Project Description

ABC: APRENDIZAXE BASEADA EN COMPETENCIAS. SISTEMA DE INTERMEDIACIÓN BASEADO EN TECNOLOXÍAS DA WEB SEMÁNTICA

Periodo:2009-09-01 – 2012-08-31 (36 meses).

Entidad financiadora: D.X. de ID

http://abc.cesga.es

O proxecto de I+D+i ABC “Aprendizaxe baseada en competencias. Sistema de intermediación baseado en tecnoloxías da web semántica” é un proxecto financiado pola Dirección Xeral de I+D+i da Xunta de Galicia, cunha duración de tres anos. (Sept 09-Sept11).

No mesmo participan a área de e-learning do Cesga, quen coordina o proxecto, e o Departamento de Ingeniería Telemática da Universidade de Vigo.

Este proxecto, que segue a liña de traballo desenvolvida por un proxecto previo, o proxecto “eProcura”, tratará de desenvolver unha plataforma tecno-pedagóxica baseada en tecnoloxías semánticas, para a de definición de competencias así como para conseguir localizar de forma sinxela a oferta formativa na web que cobre un determinado conxunto de competencias e finalmente, localizar as persoas que posúen as competencias buscadas.

Na actualidade, estase levando a cabo a definición das diferentes competencias profesionais (dependentes ao ámbito das competencias específicas ou do coñecemento) e resulta extraordinariamente complicado localizar a oferta formativa que capacita a unha persoa para desenvolver unha actividade profesional concreta ou unha profesión en particular.

Esta necesidade tamén se presenta para os propios empresarios: non existen mecanismos directos que lles permitan comprobar a priori si a formación presentada por un potencial empregado ten as competencias precisas ou non. Tampouco existen ferramentas que lles permitan expresar aos empresarios dunha forma sinxela as competencias concretas que necesitan par cubrir as súas necesidades de contratación.

 

Máis datos

  • Socios: Departamento de Ingeniería Telemática de la Universidad de Vigo, Cesga.
  • Responsable : María José Rodríguez Malmierca
  • Web: http://abc.cesga.es/