Solicitamos su permiso para obtener datos estadísticos de su navegación en esta web. Si continúa navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK | Política de cookies | Política de Privacidad

Máster HPC

  • Máster HPC

Subscríbeche

  • Suscribete a Novas CESGA

HPC User Portal

  • HPC User Portal

Estado dos sistemas

  • Solo visible desde Firefox o Chrome.

Síguenos ...

  • Twitter FacebbokFlickrYouTube CESGA

Servizos PYME's

  • Servicios para Empresas

díxitos Marzo 2019


  • CESGA ICTS
Cursos e eventos

Luns 22/04/2019 10:00

Nova: I Concurso “#ApuntasTech?”. Promoción das vocacións tecnolóxicas entre as rapazas.

Axenda para o próximo xoves 25 de abril.

O Concurso “ApuntasTech?” pretende, dun xeito lúdico e aberto, escoitar a todas as partes implicados para poder reunir as mellores propostas, e xerar un catálogo dinámico para poder traballar as tecnoloxías de forma amena, principalmente na aula, pero tamén fora dela, en actividades extraescolares, en familia, etc. Posteriormente, elaborarase unha recompilación das mellores propostas e publicarase con licencia aberta para a súa descarga na web do concurso, así como en diferentes repositorios de materiais educativos online.

Este concurso enmárcase dentro das actividades para celebrar o VII “Día das Rapazas nas TIC” (International Girls in ICT Day) o próximo 25 de abril, día no que se fará pública a decisión do xurado do concurso. Este acto celebrarase no CESGA e será retransmitido en directo a través de Internet. Toda a información e instrucións para participar no evento está publicada en www.ictgogirls.eu/dia-rapazas-nas-tic/

Nova completa

Cursos e eventos

Mércores 10/04/2019 10:00

O Taller está dirixido a usuarios do Finisterrae II ou usuarios familiarizados con contornas de computación de altas prestacións, para que poidan alcanzar un coñecemento máis profundo da utilización dos equipos e poder aproveitar mellor as ferramentas dispoñibles.

Terá lugar o día 22 de Maio en horario de mañá e tarde de 11:00 h a 14:00 h e 16:00 h a 18:00 h na Sala I do Edificio Miralles, Campus Universitario de Vigo.

CONTIDO || REXISTRO

Nova completa

CESGA

Xoves 04/04/2019 07:39

Nova: Oferta emprego para o CESGA

O CESGA ofrece un contrato temporal por obra ou servizo para realización do proxecto "OCEANS: Ocean Connections. Developing Ocean Literacy through Creative. Digital Pedagogies”. Duración estimada, 25 meses.
Titulación requerida: Ciclo Superior en Administración de Sistemas Informáticos ou Ciclo Superior en Desenvolvemento de Aplicacións Informáticas, ou titulación equivalente de Técnico/a Superior en infomática.

Ver oferta

Nova completa

CESGA

Venres 29/03/2019 16:22

Nova: Un hackathon para mellorar o código en ciencia e enxeñaría

O CESGA e a empresa galega Appentra Solutions, S.L. levaron a cabo a cuarta edición do hackathon “CESGAHACK (Un hackathon é un encontro de programadores de software co obxectivo de desenvolver software de modo colaborativo).

Nesta cuarta edición, o éxito foi rotundo por parte dos equipos participantes, que acudiron dende o “European Institute For Aviation Training and Accreditation” (EIATA-URJC), do Instituto de Física Fundamental do Consello Superior de Investigacións Científicas (IFF-CSIC), da Universidade Autónoma de Madrid, do grupo de investigación iRLab da Universidade da Coruña, así como da empresa privada con sede na comarca de Santiago de Compostela, MestreLab Research, S.L., adicada á investigación, desenvolvemento e comercialización de sistemas espectroscópicos, espectrométricos e cromatográficos, así como de ferramentas quimioinformáticas e quimiométricas con aplicación en industrias farmacéuticas, químicas e biotecnolóxicas e en institución académicas e gubernamentais.

Nova completa

Cursos e eventos

Xoves 28/03/2019 10:52

O Taller terá lugar o día 23 de abril en horario de mañá de 10:00 h a 13:00 h, no Centro de Supercomputación de Galicia (localización).

Dirixido a usuarios noveis ou potenciais usuarios do computador Finisterrae II, co obxectivo de que coñezan o equipo e aprendan a utilizalo para as súas propias aplicacións ou as que xa están dispoñibles.

CONTIDOS E REXISTRO

Nova completa